info@herbosaudevilalba.gal
Cosmética natural e alimentación ecolóxica

Cosmética natural e alimentación ecolóxica

Traballamos con produtos de calidade

Na Herboristería Saúde, tenda ecolóxica en Vilalba, atoparás todo tipo de produtos ecolóxicos e de gran calidade, pensados para cubrir calquera necesidade que se che presente para mellorar a túa alimentación e conseguir a mellor solución para ti.

Só te ofrecemos produtos de calidade para garantir uns excelentes resultados. Dende produtos de fitoterapia, para diabéticos, alimentación ecolóxica... Ata cosmética natural e outros artigos como produtos de aromaterapia. Ademais, contamos con moitas alternativas en produtos a granel.

Non dubides en visitar a nosa tenda en Vilalba para ver o noso amplo stock ou bota un ollo ao catálogo dispoñible na nosa web. Estamos á túa disposición para asesorarte ou resolver calquera necesidade que se che presente.

produtos de calidade
Alimentación ecolóxica

Algúns dos nosos produtos

  • Alimentación ecolóxica
  • Produtos de fitoterapia
  • Produtos para diabéticos
  • Produtos para celíacos
  • Produtos para alérxicos á lactosa
  • Suplementos para deportistas
  • Produtos refrixerados
  • Cosmética natural
  • Aromaterapia
  • Limpeza ecolóxica do fogar

Disfruta do noso pan fresco

Entre os produtos ofertados na Herboristería Saúde (cereais para o almorzo, galletas, pastas, snacks...) contamos cun servizo semanal de pan fresco natural e tamén sen glute, feito con fariñas ecolóxicas integrais de trigo, centeo, espelta, kamut, e dispoñible tamén sen glute: trigo sarraceno, avea, arroz... Pan de fermentación lenta, de 24 ou 48 horas e masa nai.

Podes recoller o teu pan fresco por encargo e disfrutar das súas grandes cualidades e sabor sempre que queiras. Ademais, ofrecemos tamén todo tipo de fariñas ecolóxicas en formato de 1 Kg, 5 Kg ou 25kg, así como levaduras para pan ou repostería e múltiples produtos sen glute. Ven a preguntarnos!

Cosmética natural

Queres un coidado integral para a túa pel e cabelo? No noso herbolario en Vilalba poderás conseguilo! Dentro do noso stock, contamos cunha ampla gama de cosmética corporal, desde cremas faciais e corporais ata xéis e champús de baño, aceites corporais ecolóxicos e hipoalérxicos e tintes vexetais.

Descobre qué é o que o teu corpo necesita con nós. Desde Herboristería Saúde ofrecémosche asesoramento personalizado, adaptándonos a ti e ás esixencias que presente o teu corpo. Consegue o maior coidado con produtos naturais e ecolóxicos!

Cosmética natural
Aromaterapia

Aromaterapia

No noso espazo, non só ofrecemos servizos de naturopatía e osteopatía, senón que tamén ofrecemos produtos de aromaterapia que poden mellorar o teu benestar. Explora a nosa ampla gama de aceites esenciais, velas aromáticas e incensos que poden axudarche a relaxarte, reducir o estrés e mellorar o teu entorno. Tamén contamos con minerais e lámparas de sal.

A aromaterapia é unha forma natural e agradable de promover o equilibrio tanto no teu corpo como na túa mente. Visítanos para experimentar os beneficios desta terapia sensorial e descobre como os nosos produtos poden contribuír ao teu benestar integral.

Produtos refrixerados

No noso herbolario pensamos que a alimentación é unha parte básica para a nosa saúde e ofrecemos produtos de todo tipo e tamén refrixerados. Destacamos todo tipo de fermentados: kombuchas, kefir de cabra como de vaca ou de leites vexetais, chukrut ou kimchi. Ademais de proteínas vexetais: tofu, seitán ou tempeh.

Entre o noso stock poderás atopar iogures de soia ou coco, leite ou queixos de vaca ou cabra de produtores locais ou queixos veganos.

Produtos refrixerados
Limpeza ecolóxica

Limpeza ecolóxica

Na nosa tenda, promovemos un fogar saudable con produtos para unha limpeza ecolóxica. Ofrecemos unha gama completa, desde detergentes e suavizantes ata limpiadores multiusos e lavavaixelas, xa sexa a man ou a máquina. Tamén contamos con opcións para unha limpeza máis natural, como limpiacristais e limpadores de arxila.

Ademais, se desexas reducir o consumo de plástico, ofrecemos produtos a granel para minimizar o desperdicio. A nosa selección está deseñada para ofrecerte alternativas sostibles que non só coidan do teu fogar, senón tamén do medio ambiente. Ven e descubre como podes crear un entorno limpo e ecolóxico na túa casa.

Fitoterapia

Na nosa tenda, ofrecemos unha gama de produtos de fitoterapia para abordar diversas doenzas, desde ansiedade e depresión ata resfriados. Tamén proporcionamos suplementos para afrontar diversas doenzas como a depresión ou un simple catarro ou solucións para afrontar cambios na túa vida como a menopausia.

Se estás buscando solucións naturais para mellorar o teu benestar, non dubides en preguntarnos. Estamos aquí para axudarte a atopar os produtos axeitados que se adapten ás túas necesidades individuais. Ven e descubre como a fitoterapia e a suplementación poden ser parte do teu enfoque holístico cara á saúde.

Fitoterapia

Convidámoste a explorar a nosa tenda para descubrir unha ampla gama de produtos ecolóxicos!

Desde fitoterapia para diversas doenzas ata opcións de limpeza saudable e aromaterapia, temos todo o que necesitas para un estilo de vida máis sostible e saudable. Visítanos ou infórmate sobre as nosas opcións en liña!

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.